Pola Resolución do 27 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Chandrexa de Queixa (expediente IN407A 2024/064-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 3 de abril de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/064-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación da LMTA TRI804 no tramo entre os apoios núm. 63 e núm. 63-4.
Situación: lugar de Parada Seca, concello de Chandrexa de Queixa.
Predio núm. en proxecto: 3.
Referencia catastral: 32030A032007350000OO.
Lugar: Gándara.
Cultivo: monte baixo.
Titular: herdeiros de Montserrat Rodríguez.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 63-2.
