DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/92-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación CBL708B, substitución de apoio A002FGHG//C0-8-1, no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/92-1), mediante a Resolución deste departamento territorial, do 10 de decembro de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 10 de xuño de 2025 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou os dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do concello de Carballo, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 12.6.2023, no Boletín Oficial da provincia do 24.5.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 7.6.2023, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, aos que se lles efectuará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de marzo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña