De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento, que mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 15 de marzo de 2025 e como resultado do expediente instruído para o efecto, outorgouse ao Concello das Pontes de García Rodríguez a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na Resolución da Comisaría de Aguas del Norte de España do 28 de xuño de 1968 no expediente E-1652-C, modificación que consiste no aumento do caudal concedido ata os 1.332.949 m3/ano, procedente de dúas captacións no río Eume no lugar da Ribeira, parroquia das Pontes de García Rodríguez (Santa María), no concello das Pontes de García Rodriguez (A Coruña), para abastecemento e uso gandeiro.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
