DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23221

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria).

Convocada pola Resolución LD 2/2025, do 20 de febreiro de 2025 (DOG núm. 42, do 3 de marzo), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria), anunciado pola Resolución LD 2/2025, do 20 de febreiro (DOG núm. 42, do 3 de marzo).

Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 9 de abril de 2025

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Cangas.

Nome e apelidos: Amparo Mesas Sáez.

DNI: ***8537**.

Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Matamá.

Nome e apelidos: Amparo Calvo Fernández.

DNI: ***1937**.

Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Moaña.

Nome e apelidos: María Lidia Costa Cruz.

DNI: ***3504**.