DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de abril de 2025, do Servicio Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/22/206.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo, o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de trazado da senda peonil na PO-407, clave PO/22/206.06, no concello do Porriño.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 4 de abril de 2025

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

15

36039A060008810001FE

Pérez Gaspar, Jesusa

16

36039A060008790000DA

Pérez Gaspar, Jesusa

22

36039A060008320000DK

San Juan Ayet, María del Pilar

28

36039A060008210000DG

Vila Martínez, Darío/Rodríguez Piedras, Cándida (herdeiros de)

29

36039A060008210000DG

Vila Martínez, Darío/Rodríguez Piedras, Cándida (herdeiros de)

31

36039A060008160001FZ

Vila Pérez, María Luz/Diz Vila, María Paz