DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 26 de marzo de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, punto quilométrico 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, punto quilométrico 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido (clave 2025/057).

Mediante a Resolución da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia do 24 de marzo de 2025 realizouse a aprobación técnica previa do proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, p.q. 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, p.q. 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), no marco do fomento da mobilidade sostible, que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, p.q. 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, p.q. 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), de clave 2025/057, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia de Turismo de Galicia, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia de Turismo de Galicia (estrada Santiago-Noia, km 3, A Barcia, 15896 Santiago de Compostela), na Área Provincial de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 6º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Lalín (praza de Galicia, 1, 36500 Lalín, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (https://www.turismo.gal/canle-institucional/transparencia/procedementos-de-informacion-publica/ponte-elevado-sobre-n-525?langId=gl_ES) atópase á disposición das persoas interesadas o documento completo do proxecto sometido á información pública.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, p.q. 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, p.q. 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), de clave 2025/057

Nº parcela

Datos da parcela

Datos da persoa titular

Clasificación NN.SS.

Uso catastral

Situación básica do solo

Superficie catastral total

Superficie de solo afectado

Ocupación

temporal

Bens afectados

Referencia

catastral

Polígono

Parcela

Nome e apelidos

NIF

Uso principal

Tipoloxía

Medición

001

8752219NH6285S

155

-

Álvarez Navarro, Teodoro

****7889K

Solo rústico

Agrario

Rural

5.156

195

1.241

Peche malla t. torsión+árbore madeireira

6,8 ml+4 u.