DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica unha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural en relación coa zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 2 de abril de 2025

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

DNI

Acto que se notifica

34888893D

Resolución