DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 1 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2024/191-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación das resolucións ditadas no expediente instruído que se relacionan no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primera Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás ditas resolucións administrativas, desde o día seguinte á súa notificación, efectuadas por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 1 de abril de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2024/191-36.

Persoa interesada: 76941566B.

Actos que se notifican: resolucións administrativas do 31 de marzo de 2025 e do 1 de abril de 2025.

Efectos xurídicos que producen as resolucións: establecemento de medida administrativa e corrección de erros.