De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidas da súa petición previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
A Coruña, 11 de marzo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2025/0185-1 |
12859663H |
Requirimento da emenda da solicitude |
21.1.2025 |
|
2024/14216-1 |
32381932W |
Requirimento da emenda da solicitude |
3.12.2024 |
|
2024/14326-1 |
58057843R |
Requirimento da emenda da solicitude |
13.12.2024 |
|
2024/12971-1 |
Sofia de Assis Zambon |
Requirimento da emenda da solicitude |
3.12.2024 |
|
2024/14304-1 |
32965629M |
Requirimento da emenda da solicitude |
10.12.2024 |
|
2024/14225-1 |
32782386A |
Requirimento da emenda da solicitude |
3.12.2024 |
|
2024/14511-1 |
Y4336625N |
Requirimento da emenda da solicitude |
26.12.2024 |
|
2024/12053-1 |
32344116K |
Requirimento da emenda da solicitude |
18.2.2025 |
