DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23299

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de A Riña-Oia

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

José Luis Crespo Crespo, con DNI ***2922**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de A Riña-Oia, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 3 de maio de 2025 no Centro Cultural de Santa María de Oia, ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Informe de contas do ano 2024.

3. Aprobación de altas e baixas de usuarios.

4. Informe dos traballos realizados e presentación obras subvencións 2024.

5. Actualización de cotas.

6. Autorización á Xunta Directiva para a solicitude de subvencións.

7. Actualización da Xunta Directiva.

8. Rogos e preguntas.

Santa María de Oia, 21 de marzo de 2025

José Luis Crespo Crespo
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de A Riña-Oia