DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia, do contrato administrativo de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de abastecemento e saneamento a Canedo desde O Mesón do Vento, Ordes, obra con referencia de expediente AUG-2024-0079 (expediente AUG-2024-0084).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal, e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 Ordes (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de abastecemento e saneamento a Canedo desde O Mesón do Vento, Ordes, obra con referencia de expediente AUG-2024-0079 (expediente AUG-2024-0084).

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 34.959,75 euros. Importe total: 42.301,30 euros.

8. Valor estimado do contrato: 44.945,32 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (34.959,75 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (9.985,57 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 7 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (20), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (17), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e medidas para o impulso demográfico (10).

11. Data da adxudicación do contrato: 31 de xaneiro de 2025.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 5.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 10 de febreiro de 2025.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.

14.2) NIF: B15952369.

14.3) Enderezo: rúa Bugallal Marchesi, nº 12, 1º dta., 15008 A Coruña.

14.4) Código NUTS: ES111.

14.5) Correo electrónico: administracion@cimarq.es

14.6) Fax: 981 90 31 96.

14.7) Teléfono: 630 85 86 56.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 29.831,15 euros. Importe total: 36.095,69 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia. A actuación encádrase dentro do PEPAC na intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais e subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 13 de xuño de 2024.

– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 4 de febreiro de 2025.

– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 16 de febreiro de 2025.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG número 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia