DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20240139TA-OU, por infracción en materia sanitaria.

O 6 de marzo de 2025, a directora territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20240139TA-OU contra a persoa titular do DNI 34631884W.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica á persoa titular do DNI 34631884W o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ao abeiro do disposto nos artigos 121 e 122 da antedita Lei 39/2015, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito na avenida de Zamora, 13, 4ª planta, Ourense, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Poderá efectuar o ingreso en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias do departamento territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 7 de abril de 2025

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 20240139TA-OU.

DNI da persoa denunciada: 34631884W.

Último enderezo coñecido: r/ Nueva Travesía Buenavista, 7, 1º dta., 15006 A Coruña.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro). Artigo 7.u): prohíbese fumar en bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados.

Tipificación: leve. Documéntase unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010: consideraranse infraccións leves a) fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).