Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 11 de decembro de 2024 (DOG núm. 243, do 18 de decembro), fanse públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos de estabilización, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022, mediante o sistema de concurso de méritos, relativos á baremación definitiva e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas, para o ingreso nas categorías de persoal estatutario de enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional.
A dita resolución habilitou un prazo dun mes para a presentación da documentación prevista na base 9 das convocatorias para as persoas aspirantes seleccionadas das categorías relacionadas.
A base novena das resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), pola que se convocan os procesos selectivos de estabilización referidos, dispón que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do seu exame se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar nestes procesos selectivos non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
A mesma base dispón que, comprobada a documentación de todas as persoas aspirantes aprobadas, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se lles oferten ás persoas aspirantes seleccionadas e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.
En virtude do exposto, comprobada a documentación das persoas aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 11 de decembro de 2024, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais, relativos ás puntuacións definitivas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo o establecido na base 9.6, as prazas adxudicaranse entre as persoas aspirantes seleccionadas pola orde de puntuación obtida no concurso de méritos, segundo a orde de prelación de destino/s que efectuasen, que terá carácter vinculante e irrenunciable.
Segundo. Aprobar a relación de prazas que se lles ofertan en cada unha das categorías ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso e que figura como anexo II desta resolución.
Terceiro. Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte hábil ao desta publicación, para que todas as persoas aspirantes que figuran no anexo I seleccionen telematicamente, a través do Sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.
No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección, do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).
As persoas aspirantes que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún daqueles polos que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.
Cuarto. Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha listaxe informativa de adxudicación de destinos.
Quinto. As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría (enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional) no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso-oposición, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, tras a publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde da listaxe informativo de adxudicación de destino, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optaren por unha desas dúas prazas. A dita opción deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
En caso de non manifestaren nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
Sexto. De conformidade coa base 10.4 da convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionados, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
Nomeadamente chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:
– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.
– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.
– Non presentar a documentación requirida.
– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.
– Non se producir a toma de posesión na praza adxudicada.
– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.
Nos supostos previstos no punto anterior, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das ditas situacións.
Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Experiencia profesional |
Formación e outras actividades |
Coñecemento de galego |
Puntuación total |
Desempate 1 |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo |
||||||||
|
1 |
***4225** |
De la Concepción da Silva, María del Pilar |
LI |
21,900 |
12,000 |
5,000 |
38,900 |
--- |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a) |
||||||||
|
1 |
***6238** |
Pérez Etcheverría, María Carmen |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
6016 |
|
2 |
***5251** |
Llamas Iglesias, Noemi |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
3989 |
|
3 |
***2383** |
Merenciano Aguirre, María Elena |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
3488 |
|
4 |
***4538** |
Del Fraile Vicioso, Josefina |
LI |
27,600 |
12,000 |
5,000 |
44,600 |
--- |
|
5 |
***3294** |
Luces Lago, Ana María |
LI |
25,150 |
12,000 |
5,000 |
42,150 |
--- |
|
6 |
***9608** |
Souto Derungs, Silvia |
LI |
24,200 |
12,000 |
5,000 |
41,200 |
--- |
|
Fisioterapeuta |
||||||||
|
1 |
***1587** |
Conde Regueira, Teresa María |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
8831 |
|
2 |
***2208** |
Muñoz Rodríguez, María Isabel |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
7912 |
|
3 |
***3144** |
Cancio Fernández, María Benilde |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
6944 |
|
4 |
***9773** |
Valiñas Torrado, María Flor |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
6852 |
|
5 |
***9145** |
Martínez Suárez, Mónica |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
6578 |
|
6 |
***8559** |
Vázquez Rodríguez, José Manuel |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
6322 |
|
7 |
***6319** |
Lodeiro Rodríguez, José Luis |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
5659 |
|
8 |
***4445** |
Dono García, José Manuel |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
5624 |
|
9 |
***7492** |
Núñez Saavedra, Ana Belén |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
5276 |
|
10 |
***3804** |
Vila Álvarez, Andrés |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
5207 |
|
11 |
***3712** |
García Iglesias, Alicia Beatriz |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
5161 |
|
12 |
***1348** |
Varela Mariño, Javier |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
5140 |
|
13 |
***6729** |
Gómez Casal, Aránzazu |
DI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
4737 |
|
14 |
***4865** |
Freire López, Beatriz Ana |
DI |
17,400 |
10,400 |
5,000 |
32,800 |
--- |
|
Logopeda |
||||||||
|
1 |
***6122** |
Lima Gómez, Aida |
LI |
21,000 |
12,000 |
5,000 |
38,000 |
--- |
|
Terapeuta ocupacional |
||||||||
|
1 |
***9386** |
Freire Varela, Sabela |
LI |
25,800 |
12,000 |
5,000 |
42,800 |
--- |
|
2 |
***2883** |
Diéguez Frasquet, Isabel |
LI |
23,250 |
12,000 |
5,000 |
40,250 |
--- |
|
3 |
***3105** |
Blanco Pais, Irene |
LI |
21,600 |
12,000 |
5,000 |
38,600 |
--- |
Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre.
Desempate 1: número de días de servizos prestados na categoría no Servizo Galego de Saúde.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
ANEXO II
Prazas ofertadas
Relación de destinos ofertados.
|
Categoría |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
Nº de prazas |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
1 |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía |
A.S. da Coruña e Cee |
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña |
Coruña, A |
- |
1 |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
1 |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Complexo Hospitalario Universitario de Lugo |
Lugo |
- |
1 |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
1 |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
1 |
|
Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
1 |
|
Fisioterapeuta |
A.S. da Coruña e Cee |
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña |
Coruña, A |
- |
3 |
|
Fisioterapeuta |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
2 |
|
Fisioterapeuta |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Complexo Hospitalario Universitario de Lugo |
Lugo |
- |
1 |
|
Fisioterapeuta |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público da Mariña |
Burela |
- |
2 |
|
Fisioterapeuta |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público de Monforte |
Monforte de Lemos |
- |
1 |
|
Fisioterapeuta |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
2 |
|
Fisioterapeuta |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
3 |
|
Logopeda |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
1 |
|
Terapeuta ocupacional |
A.S. de Ferrol |
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide |
Ferrol |
- |
1 |
|
Terapeuta ocupacional |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
2 |
