DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa e corrixe a autorización ambiental integrada 2007/0081_NAA/IPPC_143, outorgada a Cooperativas Orensanas, S.C.G. para o seu centro de procesado avícola de Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense (expediente 2024-IPPC-M-139).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de produtos cárnicos, planta de incineración de esterco de galiña e planta de produción de biometano

Procedemento: revisión para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular. Corrección de erros

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren)

Núm. rexistro AAI: 2007/0081_NAA/IPPC_143

Localización: concello de Ourense

Expediente: 2024-IPPC-M-139

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade