O que subscribe, Diego Casalderrey Díaz, veciño do lugar do Ribeiro, parroquia de Campañó, concello de Pontevedra, actuando como representante da Comunidade de Usuarios de O Riveiro e O Casalderrei de Campañó, por medio deste anuncio convoco para a asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar o 10 de maio de 2025, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda convocatoria, na Plazoleta, sita no lugar do Ribeiro, coa seguinte orde do día:
1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda ou parcela, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e o domicilio da comunidade.
2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Pontevedra, 31 de marzo de 2025
Diego Casalderrey Díaz
Representante da Comunidade de Usuarios
de O Riveiro e O Casalderrei de Campañó
