DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilardevós

ANUNCIO da convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal para a selección de varias prazas.

Esta oferta pública extraordinaria aprobouse mediante o Decreto da Alcaldía do 26 de maio de 2022, anunciada mediante o edicto publicado no BOP núm. 122, do 30 de maio, e no DOG núm. 117, do 17 de xuño.

Mediante o Decreto da Alcaldía do 3 de marzo de 2025 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas e publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 72, do 15 de abril de 2025, as bases que rexerán a convocatoria para prover, mediante concurso, as seguintes prazas:

Concurso:

– Auxiliar administrativo/a de servizos sociais do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Profesor/a do Programa de educación familiar do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica municipal (https://vilardevos.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

Vilardevós, 15 de abril de 2025

A alcaldesa
P.D. (Resolución da Alcaldía 402/2024, do 3.12.2024)
Tamara Balboa García
Primeira tenente de alcalde