De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a través do sistema de notificacións electrónicas da Xunta de Galicia, notifícaselle á entidade interesada que se indica no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento de declaración de reintegro dun importe indebidamente percibido do proxecto con código de expediente L23 1920 07 0251.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
A entidade interesada pode coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias da Axencia (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Nº expediente |
Procedemento |
CIF |
Acto que se notifica |
|
L23 1920 07 0251 |
MR701D. Subvencións Leader 2014-2020. Convocatoria 2023-2024 |
B56655350 |
Acordo de inicio dun procedemento de declaración de reintegro dun importe indebidamente percibido |
