DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2025 Páx. 23588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 7 de abril de 2025, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifican as resolucións do procedemento declarativo da procedencia de reintegro das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Bono deporte.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións do procedemento declarativo da procedencia de reintegro das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Bono deporte.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, número 2-4, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

A notificación entenderase efectuada a partir da efectiva comparecencia ou polo transcurso do prazo indicado anteriormente.

Unha vez producida a notificación, iniciarase o prazo para interpoñer recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Número de expediente

NIF/NIE

2-1

35466481K

2-3

46917995L

2-4

32803231X