Expediente: IN407A 2022/369-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: modificado M1 do proxecto para LMTS, CT, RBT rúa Comba.
Concello: Oleiros.
1. Características técnicas:
As instalacións atópanse na rúa Comba e o camiño Abruño, parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Centro de transformación prefabricado tipo compacto (2L+1P), na rúa Comba, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.
• Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 1.491 m, coa orixe na cela de liña do CT 15CSY9 Dolores Ibarrubi, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al, e final na cela de liña do CT 15CIM0 Santa Cruz Mariña, realizando entrada e saída no centro de transformación proxectado.
• Retirada da liña de media tensión subterránea entre os centros de transformación anteriormente citados para liberar as celas de media tensión existentes evitando a realización de empalmes.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que coiden axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 25 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Oleiros
Modificado M1 de proxecto para LMTS, CT, RBT rúa Comba
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Camposeira Ref. catastral: polígono: 15, parcela: 84 |
Rústico |
Descoñecido |
Centro de transformación máis acceso |
33,23 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
