Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 2700 Lugo.
Denominación: corrección na LAT 20 kV A Fonsagrada_1, van 30099990909.
Situación: concello de Meira.
Características técnicas principais:
– Liña aérea de alta tensión a 20 kV A Fonsagrada_2, con orixe no apoio proxectado tipo C-7000/16 e final no apoio existente A70856-1, cunha lonxitude de 51 metros en condutor LA-110 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV A Fonsagrada_1, con orixe nun PAS situado no apoio proxectado tipo C-7000/16 e final no CT 2699 Meira, cunha lonxitude de 90 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Desmontaxe de 51 metros de condutor LA-110 e unha celosía metálica.
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 27.208,26 €.
Documentación que se xunta:
– Separata para o Concello de Meira.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 9 de abril de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
