DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2025 Páx. 23701

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico/a superior de Administración especial, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 7/16.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 141, do 31.7.2018, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20.7.2018, modificadas pola Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 5.9.2018, publicadas no BOP núm. 202, do 28.10.2018, e pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 25.11.2024, publicadas no BOP núm. 237, do 10.12.2024, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de técnico/a superior de Administración especial, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 7/16.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 25 de marzo de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica