Mediante a Resolución da Alcaldía, do 18 de marzo de 2025, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de peón-condutor, con vinculación xurídica de laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda de acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Santiso, 25 de marzo de 2025
Manuel Adán López
Alcalde
