En cumprimento do previsto no artigo 144 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a modificación dunha concesión de augas outorgada o 20.7.2023 e coas seguintes características:
Solicitante: AENA Aeroporto de Santiago.
DNI: ****1242*.
Expediente: DH.A15.23929.
Volume total anual: 90.000 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 2,85 l/s.
Destino: abastecemento do aeroporto.
Orixe: dous pozos.
Lugar: Mourentán.
Parroquia: Sabugueira (San Paio).
Concello: Santiago de Compostela.
Descrición do aproveitamento:
Solicítase a modificación da concesión outorgada, mediante a substitución dun dos pozos de captación por outro situado nas coordenadas UTM X=546.906 Y=4.749.743 (ETRS89 H29), cunha profundidade duns 80 m e 200 mm de diámetro, dotado de bomba de 30 kW, e a condución da auga captada ao longo duns 406 m por tubaxe de 63 mm de diámetro.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderán solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
