DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23824

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 10 de marzo de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Mediante a Resolución do 10 de marzo de 2025 (DOG número 51, do 14 de marzo) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro).

En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,

DISPOÑO:

Modificar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal