DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23775

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 7 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN225A).

BDNS (Identif.): 828020.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións.

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/828020

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciada/o ou de grao para que complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Segundo. Obxecto

Bolsas de formación que teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente na convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 17.800 €, dos cales 16.800 € corresponden á aplicación orzamentaria 14.06.751A.480.0 e 1.000 € á aplicación orzamentaria 14.06.751A.484.0.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración