De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselle ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para compareceren neste servizo, situado na rúa Sáenz Díez, 1 (Ourense), e coñeceren o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 2 de abril de 2025
Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense
ANEXO
|
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
12 |
32012A02500200 |
Balboa Candedo, Asunción |
Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data: 14 de maio de 2025 Das 9.30 ás 12.00 horas E convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data: 9 de xullo de 2025 Das 10.00 ás 12.00 horas |
|
15 |
32012A00100730 |
En investigación, artigo 47 Lei 33/2003-Ministerio Fiscal |
|
|
17 |
32012A00100418 |
Veciños de Candedo e Forxa |
|
|
18 |
32012A02600663 |
Veciños de Candedo e Forxa |
