DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 9 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, PO-2024/00944 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cómpre formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 9 de abril de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2024/00944

60199874L

PO-2024/00944

BC439057

PO-2025/00110

77422299K

PO-2025/00110

53484716X

PO-2025/00123

Y9914845L

PO-2025/00123

39467405A