DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 23910

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2024.

A Orde do 19 de decembro de 2023, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, estableceu as bases e convocou para o ano 2024 as axudas para paliar os danos producidos polo lobo.

Segundo o disposto no seu artigo 22.5, a relación das axudas concedidas publicarase no Diario Oficial de Galicia cando o importe destas, individualmente consideradas, sexa igual ou superior aos 3.000 €. Para as de contía inferior, a relación das concedidas e denegadas farase pública a través da páxina web da consellería, nos termos establecidos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario que se imputan, beneficiario/a, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Facer pública na páxina web da consellería as axudas de contía inferior aos 3.000 €, así como as denegadas, cuxa ligazón é:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=infolobo_galicia.html&sub=publicacions_biodiversidade/

2. Facer pública a aprobación das axudas de contía superior aos 3.000 € que se relacionan como anexo desta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as que a directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en desenvolvemento das súas funcións, delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2024.

b) Aplicación orzamentaria: 06.03.541B.470.1.

c) Finalidade da axuda: compensación polos danos ocasionados polos ataques do lobo ás reses das explotacións gandeiras.

d) Destinatarios: propietarios de reses de explotacións gandeiras.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025

Marisol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

NIF/CIF

Nome do/da beneficiario/a

Importe (€)

Data da

resolución

CO/2024/0045

44834438D

Montero Lortes, Alberto

3.073,20 €

22.5.2024

CO/2024/0212

J70380076

Ganadería Casa Pardo, S.C.

4.109,30 €

30.12.2024

CO/2024/0295

32794767X

Pardo Rama, José Manuel

4.109,30 €

30.12.2024

CO/2024/0298

J70005319

Agro Iglesias, S.C.

4.109,30 €

30.12.2024

CO/2024/0300

J70337456

Ganadería Fariña de Grixoa, S.C.

4.109,30 €

30.12.2024

CO/2024/0301

J70198031

A Granxa de Vázquez, S.C.

8.218,60 €

12.3.2025

LU/2024/0001

J27435684

Morado Castelao, S.C.

5.532,77 €

14.3.2024

LU/2024/0067

B27294776

Otero Import, S.L.

5.607,47 €

27.3.2024

LU/2024/0159

J27517184

Palleira, S.C.

4.570,80 €

9.4.2024

LU/2024/0179

J27336858

Xestoselo, S.C.

4.109,30 €

9.4.2024

LU/2024/0326

33848438M

Díaz Ansede, José

4.109,30 €

24.5.2024

LU/2024/0354

J27517184

Palleira, S.C.

3.047,20 €

24.5.2024

LU/2024/0456

J27336957

Ganadería Pena Bretoña, S.C.

3.073,20 €

5.6.2024

LU/2024/0535

J16375354

Ganadería Vika, S.C.

4.109,30 €

26.6.2024

LU/2024/0570

J01759711

Ganadería Casabella Luaces, S.C.

4.490,20 €

20.7.2024

LU/2024/0575

V27291046

Chao da Iglesia, S.A.T. 1207 Xuga

4.169,30 €

20.7.2024

LU/2024/0708

76570308L

Rodríguez Díaz, Rogelio

4.109,30 €

2.1.2025

LU/2024/0923

J16375636

Abraira, S.C.

3.073,20 €

8.1.2025

OU/2024/0318

J32348088

Escuadro, S.C.

3.293,79 €

30.12.2024

PO/2024/0020

77464454V

Otero Bello, Diego

3.432,00 €

18.7.2024

PO/2024/0059

B56347693

Finca La Pradera, S.L.

4.531,70 €

7.1.2025