DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CT Pedra Alta, no concello de Cangas, do que resulta beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/443-4).

A instalación denominada LMT e CT Pedra Alta foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 24 de xuño de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos ben e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Cangas.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora na cal deberán presentarse no seu predio, e infórmaselles de que poderán ir acompañadas por un perito, un notario ou pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 2 de abril de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT e CT Pedra Alta

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36008A017000090000JG

Lapiña

Nuria e Gloria

CT

22,65