DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se convoca o levantamento de actas de pagamento e ocupación na expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

Asunto:

Proxecto de expropiación para a ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo

Concello:

Vigo

Promotor:

Consorcio da Zona Franca de Vigo

Administración expropiante:

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Consellería de Economía e Industria

Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2025, da Consellería de Economía e Industria, publicada no Diario oficial de Galicia núm. 58, do 25 de marzo, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, convócase o levantamento de actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados no proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do Parque tecnolóxico e loxístico de Vigo. Resolución publicada no Diario oficial de Galicia núm. 72, do 14 de abril.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que establece que a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo a este anuncio ao acto de levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levará a cabo os días 5, 7 e 12 de maio no horario que figura no anexo a este anuncio no Centro de Servizos do PTL (edificio negro, coordenadas de localización 42.17530914178696, -8.713379221517004), estrada do Portal nº 144, planta baixa, Valladares, 36315 Vigo, dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do Parque tecnolóxico e loxístico de Vigo. O contido integro da resolución de convocatoria está publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 72, do 14 de abril de 2025.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados ou unha persoa representante debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. O pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo, consignándose en caso contrario, cando se acredite en legal forma a titularidade e, para tal efecto, o interesado achegará certificación do Rexistro da Propiedade ao seu favor, ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito completados coa certificación negativa do Rexistro da Propiedade, de ser o caso, referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO

Data da

citación

Hora da

citación

Polígono/predio

Persoas titulares

5.5.2025

9.30

1102

Novoa Salgueiro, Nicanor

5.5.2025

1104

Leiras Fernández, Mónica; Leiras Fernández, Francisco e Leiras Fernández, Vanesa

5.5.2025

9.45

1113

Barreiro Barros, Gloria

5.5.2025

1114

Barreiro Barros, Guadalupe e Rodríguez Álvarez, Rodolfo

5.5.2025

10.00

1116

Davila Abalde, Concepción

5.5.2025

10.45

1142

Figueiroa Salgueiro, María Yolanda

5.5.2025

11.00

1145

Bastos Román, Pedro

5.5.2025

1147

Barreiro Abalde, María

5.5.2025

11.15

1153

Muíño-Descoñecido

5.5.2025

12.00

1221

Fernández Vila, José Carlos; Davila Fernández, Cristina; Fernández Vila, Juan Manuel; Fernández Vila, Emilio

5.5.2025

12.15

1302

Muíño-Descoñecido

5.5.2025

1304

Novoa Costas, Soledad

5.5.2025

1305

Comesaña Alonso, María; Comesaña Alonso Teodoro;

Comesaña Alonso Gabriel; Comesaña Alonso, Anabel

5.5.2025

12.30

1312

Muíño-Descoñecido

5.5.2025

12.45

1317

Hros. Plamira Vila Nieto

5.5.2025

13.15

2106

Rodríguez Leirós, Carmen

5.5.2025

2110

Barros Estévez, Juan

5.5.2025

13.30

2115

Salgueiro Estévez, Olga

7.5.2025

9.30

2122

Novoa Salgueiro, Indalecio

7.5.2025

10.00

2202

Novoa Abalde, Beatriz

7.5.2025

2205

Piñeiro Rodríguez, Samuel; Piñeiro Rodríguez,

Candido Alberto e Piñeiro Rodríguez, Alejandra

7.5.2025

10.45

2216

Orge Costas, José Manuel

7.5.2025

2219

Correa Barros, Manuela (Usuf)

7.5.2025

11.00

2222

Barreiro Abalde, María

7.5.2025

11.15

2226

Novoa Salgueiro, Indalecio

7.5.2025

2227

Presa-Descoñecido

7.5.2025

12.45

2320

González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula

12.5.2025

9.30

2402

Comesaña Abalde, Antonio

12.5.2025

2403

Costas Abalde, Mercedes

12.5.2025

10.00

2419

Davila Abalde, Concepción

12.5.2025

10.30

2425

Comesaña Estévez, Mercedes

12.5.2025

10.45

2433

Hros. José Pequeño Alonso

12.5.2025

11.00

2436

González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula

12.5.2025

11.15

2442

Novoa Abalde, Beatriz

12.5.2025

11.30

2505

González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula

12.5.2025

12.5.2025

2506

González Iglesias, Carlos e González Iglesias, Paula

12.5.2025

12.00

2519

Fernández Vila, Concepción

12.5.2025

12.30

2526

Lago Vilas, Dolores