DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 9 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 462).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que coiden conveniente, e presentarán a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interporse, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda ante o xulgado do social competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 2025

José Antonio Rodríguez Fachado
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

(DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

35456970D

35456970D/31-10-2024/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Ribadumia

36155559L

36155559L/09-09-2024/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

39464883B

39464883B/07-01-2025/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Vigo