DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24295

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun proceso selectivo pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo na categoría de ordenanza do persoal da Corporación, nunha praza reservada para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (en diante, CRTVG) é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que ten encomendada a xestión do servicio público de comunicación audiovisual competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 24 de maio de 2022, do director xeral da CRTVG (DOG núm. 103, do 31 de maio), aprobou a oferta de emprego público correspondente ao ano 2022 e modificou a oferta de emprego correspondente ao ano 2021. A enumeración das prazas que se incluíron na oferta, e que son obxecto desta convocatoria, recolleuse nos anexos I e II da dita resolución.

As bases do proceso selectivo están expostas na páxina web da Corporación (http://www.crtvg.gal/). O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación deste anuncio e terá unha duración de vinte (20) días hábiles. Todas as publicacións e notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na indicada páxina web.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2025

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.