DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24540

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2025 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre, a persoa seleccionada proposta polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de febreiro de 2023 (DOG do 7 de marzo), para o ingreso na escala técnica superior de administración da USC, especialidade económica, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre, comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, a persoa aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre, que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día hábil seguinte á data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade do artigo 10 da Lei 53/1984.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala técnica superior de administración da USC

Quenda de acceso libre.

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***2438**

Balado García, Lucía