DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de marzo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Palas de Rei e a declaración da extinción da concesión de augas coa clave DH.A27.04800 (expediente DH.A27.101254).

Expediente: DH.A27.101254.

Francisco Barreiro Pérez e Agapito Vázquez Barral solicitan de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitantes: Francisco Barreiro Pérez e Agapito Vázquez Barral.

DNI: ***4022** e ***6639**.

Expediente: DH.A27.101254.

Volume total anual: 140,40 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,75 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x = 587468, y = 4746731 (ETRS89 fuso29).

Lugar: Sambreixo.

Parroquia: San Breixo (Santa María).

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga dun pozo de barrena situado na parcela de 27040A017001230000UX, mediante bomba de 1,5 CV, e a súa condución mediante tubaxe de 35 mm de diámetro ata a caseta do contador e, de aquí, mediante tubaxe de 40 mm ata as vivendas 000800600NH84F0001EK e 000800700NH84F0001SK, para uso doméstico.

Expediente DH.A27.04800.

Características do dereito inscrito: concesión dun caudal de augas de 0,026 l/s procedente dun pozo de barrena, no lugar de Sambreixo, concello de Palas de Rei, con destino a uso doméstico, outorgada a Francisco Barreiro Pérez e Agapito Vázquez Barral mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 9 de abril de 2007.

Causa da extinción: transcurso do prazo outorgado.

Servidumes: non se coñecen.

Iniciación: de oficio.

Identificación do aproveitamento: x = 587468, y = 4746731 (ETRS89 fuso29).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal web de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro