DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 25016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de abril de 2025, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente LU-1/2025).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, Edificio Administrativo situado na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 11 de abril de 2025

Alberto José López Díaz
Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

LU-1/2025

05278281B

Resolución de expediente de desafiuzamento