De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Unha vez finalizado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 116, do 17 de xuño); e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte dunha nova persoa aspirante, co obxecto de adxudicarlle destino provisional, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I os datos dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo e que é convocada á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación da base IV.6 da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. A persoa aspirante elixirá a praza ao subgrupo a que accede e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralle á persoa aspirante un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que a persoa aspirante que consta no anexo I desta resolución seleccione telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da paxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Cuarto. Para a selección de destinos, a persoa aspirante deberá acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar seren declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público; o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccione un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso e non se lle adxudique ningún destino e non cumpra os requisitos para ser declarada en excedencia; ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado en destino o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formule a persoa aspirante dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberá empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
A persoa aspirante que obteña un destino provisional deberá optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.
Oitavo. Estará á disposición da persoa aspirante información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
|
Nº orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
|
88 |
***4910** |
Rodríguez Frois, Roi |
Libre |
ANEXO II
Prazas ofertadas
|
Nº |
Código |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Observ. |
|
3 |
MRC992011232620014 |
Xefatura de Negociado (A Pobra de Trives) |
MR |
Oficina da Pobra de Trives |
Servizos periféricos |
A Pobra de Trives |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
9 |
FCC030001615770016 |
Xefatura de Negociado |
FC |
Intervención Delegada da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
10 |
FCC030002115770010 |
Xefatura de Negociado |
FC |
Intervención Delegada da Consellería do Mar |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
12 |
FCC030001815770008 |
Xefatura de Negociado |
FC |
Intervención Delegada da Consellería de Sanidade e do Sergas |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
13 |
FCC040000115770015 |
Xefatura de Negociado |
FC |
S.X. de Orzamentos |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
20 |
IVC030000215770033 |
Xefatura de Negociado VII |
PR |
S.X. de Inspección do Transporte |
Dirección Xeral de Mobilidade |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
23 |
EIC992090136080060 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Cangas |
Servizos periféricos |
Cangas |
A2 |
16 |
|
|
26 |
FCC030001115770010 |
Xefatura de Negociado |
FC |
Intervención Delegada da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
27 |
EIC992090115690012 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego das Pontes de García Rodríguez |
Servizos periféricos |
As Pontes de García Rodríguez |
A2 |
16 |
|
|
29 |
MAK100000115770062 |
Xefatura de Negociado Administrativo |
IV |
S.X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística |
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
31 |
EIC992090115001035 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego A Coruña-Monelos |
Servizos periféricos |
A Coruña |
A2 |
16 |
|
|
32 |
EIC992090315001008 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Tornos (A Coruña) |
Servizos periféricos |
A Coruña |
A2 |
16 |
|
|
34 |
EIC992090136420008 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Ponteareas |
Servizos periféricos |
Ponteareas |
A2 |
16 |
|
|
35 |
EIC992090136540010 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Tui |
Servizos periféricos |
Tui |
A2 |
16 |
|
|
39 |
EIC992090132840051 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Verín |
Servizos periféricos |
Verín |
A2 |
16 |
|
|
40 |
EIC992090136420021 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Ponteareas |
Servizos periféricos |
Ponteareas |
A2 |
16 |
|
|
41 |
MAO110000115770038 |
Xefatura de Negociado Rexistro |
IV |
Secretaría Xeral do IGVS |
IGVS/Dirección Xeral do IGVS |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
43 |
PRC030000015770045 |
Xefatura de Negociado |
PR |
D.X. de Xustiza |
Dirección Xeral de Xustiza |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
44 |
MRC050000315770085 |
Xefatura de Negociado |
MR |
S.X. da Cadea e Industrias Agroalimentarias |
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
50 |
PSC020000715770032 |
Xefatura de Negociado Administrativo |
PS |
S.X. de Valoración da Dependencia e da Discapacidade |
Secretaría Xeral Técnica |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
53 |
EIC992000015350004 |
Xefatura de Negociado |
EM |
Centro Integrado de Formación Profesional (Ferrol) |
Servizos periféricos |
Ferrol |
A2-C1-C2 |
18 |
Xornada de tarde |
|
56 |
PEC030000415770024 |
Xefatura de Negociado de Xestión de Pesca |
PE |
S.X. de Pesca |
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
58 |
PEC030000215770058 |
Xefatura de Negociado para a Promoción do Consumo |
PE |
S.X. de Valorización dos Produtos do Mar |
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
60 |
PSC030000015770060 |
Xefatura de Negociado Administrativo |
PS |
D.X. de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica |
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
62 |
ED7010000115770023 |
Xefatura de Negociado |
ED |
S.X. de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa |
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
65 |
EDA110000415770020 |
Xefatura de Negociado de Contidos Dixitais |
CU |
Departamento de Política Audiovisual |
Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
66 |
EDA110000315770094 |
Xefatura de Negociado II |
CU |
Departamento de Fomento e Promoción de Políticas Culturais |
Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
67 |
EDA110000315770096 |
Xefatura de Negociado III |
CU |
Departamento de Fomento e Promoción de Políticas Culturais |
Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
69 |
MAC030000115770040 |
Xefatura de Negociado Administrativo I |
MA |
S.X. de Coordinación Ambiental |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
72 |
PEC040000215770093 |
Xefatura de Negociado Grupos de Acción Costeira III |
PE |
S.X. de Desenvolvemento Pesqueiro |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
75 |
PEC040000115770040 |
Xefatura de Negociado de Apoio á Formación |
PE |
S.X. de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
76 |
ED9010000115770042 |
Xefatura de Negociado III |
ED |
S.X. de Centros |
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
78 |
PEC040000115770039 |
Xefatura de Negociado Rexist.Titul. Náuticas de Lecer |
PE |
S.X. de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
79 |
EIC992090127160003 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Chantada |
Servizos periféricos |
Chantada |
A2 |
16 |
|
|
80 |
PSC030000015770020 |
Posto base subgrupo A2 |
PS |
D. X. de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica |
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica |
Santiago de Compostela |
A2 |
16 |
|
|
84 |
MRC992004515760013 |
Xefatura de Negociado (Santa Comba) |
MR |
Oficina de Santa Comba |
Servizos periféricos |
Santa Comba |
A2-C1-C2 |
18 |
|
|
87 |
PSC991000027001031 |
Posto base subgrupo A2 |
PS |
Xefatura Territorial Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A2 |
16 |
|
|
89 |
PSC991000027001030 |
Posto base subgrupo A2 |
PS |
Xefatura Territorial de Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A2 |
16 |
|
|
90 |
EIC992090136060004 |
Posto base subgrupo A2 |
EM |
Oficina de Emprego de Cambados |
Servizos periféricos |
Cambados |
A2 |
16 |
