DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 24968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Portomarín, no concello de Portomarín (Lugo). Clave do expediente 2024/0233.

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 14 de abril de 2025 do proxecto de nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Portomarín, no concello de Portomarín (Lugo), promovido polo Concello de Portomarín.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, situadas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade