Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio cítanse as persoas titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto e xuros de demora acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT PRS806 en tramo entre apoios 55-5 e 55-13, situada no concello de Nogueira de Ramuín.
As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos os casos deben acompañar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 14 de abril de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/76-3.
Instalación: regulamentación LMT PRS806 en tramo entre apoios 55-5 e 55-13.
Concello: Nogueira de Ramuín.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio número |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Data do depósito |
|
2 |
Cavadoiro |
32053A073001490000ID |
CMVMC de Santo Estevo de Ribas de Sil |
Notificación infrutuosa |
31.3.2025 |
