DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 25029

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 81, do 8 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dunha praza de auxiliar de clínica para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, incluída na oferta pública de emprego do ano 2022, con persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo:

https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal

Sarria, 8 de abril de 2025

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde