María Josefa Nieto Cabarcos, con DNI 76371282N, nada nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) o 7 de xullo de 1946, faleceu o 5 de setembro de 2015 en Ferrol (A Coruña), con derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na Teupoeira, Piñeiro, concello de Mugardos (A Coruña), datos que figuran comprobados xunto co da súa veciñanza civil galega no Informe preliminar do 10 de abril de 2025 do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O dito informe foi emitido logo da realización das actuacións previas que levan a considerar procedente a incoación de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da sinalada persoa causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.
Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio no artigo 4 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no seu título III, así como nos artigos 14 e 16 do Decreto 141/2024, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública,
RESOLVO:
Primeiro. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Josefa Nieto Cabarcos.
Segundo. Publicar esta Resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
Terceiro. Remitirlles esta resolución aos concellos de Ferrol, As Pontes de García Rodríguez e Mugardos, así como a calquera outro no que durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios, por un prazo non inferior a trinta días naturais.
O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción desta resolución.
Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera persoa interesada poderá presentar alegacións ou achegar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2018/0063; rúa A Pastoriza nº 8, 15781 Santiago de Compostela.
Conforme o previsto no artigo 112.1, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición que se presenten a este acto de trámite sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
