Na sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2025, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2024 (DOG núm. 208, do 28 de outubro), designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),
ACORDOU:
De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 6 de maio de 2025, ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 6 da Escola Galega de Administración pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pódese consultar no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
