Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense no expediente sancionador OU-01365-O-2024, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.
Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a finalización do procedemento sancionador.
Ourense, 9 de abril de 2025
Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
OU-01365-O-2024 8988-LJB |
44488328A |
Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 5.9.2024; 4.52; A-52; 143,0 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT |
801 euros |
