DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25293

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dun posto de traballo de cociñeiro/a con destino no centro Príncipe Felipe.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 240, do 11 de decembro de 2024, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión dun posto de traballo de cociñeiro/a con destino no centro Príncipe Felipe.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 24 de abril de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2025000361, do 20.1.2025)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral