De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: matadoiro de coellos con sala de despezamento e envasado, planta de transformación de subprodutos categoría 3 e planta de valorización de subprodutos categoría 2 |
Procedemento: revisión para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular |
|
Titular: Conejos Gallegos Cogal, S.C.G. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0230_NAA/IPPC_220 |
|
Localización: Alceme, concello de Rodeiro (Pontevedra) |
Expediente: 2024-IPPC-M-135 |
Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
