DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de novembro de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Arteixo (expediente DH.V15.102863).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U.

NIF: A-15.075.583.

Expediente: DH.V15.102863.

Lugar: paraxe do Moucho.

Parroquia: Pastoriza.

Concello: Arteixo.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escoamento depuradas.

Caudal máximo anual 1: 19.798 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X=543.401; Y=4.797.313.

Medio receptor 1: rego das Teixueiras (cunca da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais de escoamento xeradas na cunca núm. 1 acumúlanse por gravidade na balsa 1, a cal alimenta a balsa 2, que tamén recolle as augas residuais industriais de escoamento xeradas na cunca núm. 2. O efluente da balsa 2 vértese, conxuntamente co efluente da balsa 3, á obra de drenaxe transversal da autoestrada AG-55, incorporándose finalmente ao rego das Teixueiras.

Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais de escoamento depuradas.

Caudal máximo anual 2: 1.978 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X=543.401; Y=4.797.313.

Medio receptor 2: rego das Teixueiras (cunca da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais industriais de escoamento xeradas na cunca núm. 3 recóllense para o seu tratamento na balsa 3, cuxo efluente se verte, conxuntamente co efluente da balsa 2, á obra de drenaxe transversal da autoestrada AG-55, incorporándose finalmente ao rego das Teixueiras.

Tipo de vertedura 3: augas residuais industriais de escoamento depuradas.

Caudal máximo anual 3: 3.551 m3/ano.

Punto de vertedura 3: X=543.509; Y=4.797.352.

Medio receptor 3: rego das Teixueiras (cunca da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas).

Tratamento/evacuación 3:

As augas residuais industriais de escoamento xeradas na cunca núm. 4 recóllense para o seu tratamento na balsa 4, cuxo efluente se verte á cuneta dun camiño público, incorporándose en última instancia, logo de atravesar a autoestrada, ao rego das Teixueiras.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras