Antecedentes:
1. O día 22 de abril de 2025, María Aguiño Padín solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas das bateas Cegar e Ramón.
2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión mortis causa das concesións administrativas dos seguintes viveiros:
Tipo: batea.
Nome: Cegar.
Situación:
Cuadrícula nº: 70.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis), vieira (Pecten maximus), voandeira (Aequipecten opercularis) e, con carácter temporal e experimental, ostra rizada (Magallana gigas).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 28.11.1962.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: María Aguiño Padín (***3509**), Ana Rosa García Aguiño (***4714**), Jorge García Aguiño (***6065**), María García Aguiño (***6335**) e César García Aguiño (***5956**).
Novos titulares: María Aguiño Padín (***3509**) (62,50 % pleno dominio e 37,50 % usufruto), Ana Rosa García Aguiño (***4714**) (12,50 % núa propiedade), Jorge García Aguiño (***6065**) (12,50 % núa propiedade) e María García Aguiño (***6335**) (12,50 % núa propiedade).
Tipo: batea.
Nome: Ramón.
Situación:
Cuadrícula nº: 72.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis) e, con carácter temporal e experimental, ostra rizada (Magallana gigas).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 19.6.1978.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: María Aguiño Padín (***3509**), Ana Rosa García Aguiño (***4714**), Jorge García Aguiño (***6065**), María García Aguiño (***6335**) e César García Aguiño (***5956**).
Novos titulares: María Aguiño Padín (***3509**) (62,50 % pleno dominio e 37,50 % usufruto), Ana Rosa García Aguiño (***4714**) (12,50 % núa propiedade), Jorge García Aguiño (***6065**) (12,50 % núa propiedade) e María García Aguiño (***6335**) (12,50 % núa propiedade).
Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
Vigo, 29 de abril de 2025
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
