Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Cambio de sección LMTA VLG807 e reordenación de celas CR 36CBCQ, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 11 de abril de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/548-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: cambio de sección LMTA VLG807 e reordenación de celas CR 36CBCQ.
Concello: Sanxenxo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data de ocupación |
Depósito previo |
|
1 |
36051A046003180000FD |
Descoñecido |
11 de maio de 2025 |
2025/54/151 |
