DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2025 Páx. 25624

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR905A).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 29, do 12 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 11539, no artigo 4.2, letra b), onde di:

«A formada pola persoa solicitante, o seu cónxuxe ou parella de feito inscrita e, de ser o caso, os/as fillos/as da persoa solicitante, solteiros/as ou sen parella de feito inscrita, menores de 25 anos, que residan na mesma vivenda».

Debe dicir:

«A formada pola persoa solicitante, o seu cónxuxe ou parella de feito inscrita e, de ser o caso, os/as fillos/as da persoa solicitante solteiros/as ou sen parella de feito inscrita, menores de 25 anos, así como os/as maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda».