DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2025 Páx. 25665

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2025 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir oito prazas vacantes da categoría profesional auxiliar técnico/a de servizos, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de febreiro de 2025 (DOG do 5 de marzo e BOE do 19 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir oito (8) prazas da categoría profesional auxiliar técnico/a de servizos, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela