DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 25982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 58/77 e doce máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión mantida polo xurado provincial o día 18.3.2025 figuran os seguintes acordos:

– O MVMC Sanguñedo, pertencente aos veciños de Sanguñedo, na parroquia da Esperela, concello de Baleira. Expediente 58/77.

O 16.5.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Sanguñedo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Con data do 17.9.2024 foi presentada unha mellora voluntaria da solicitude coa cal achegan unha copia da acta da asemblea extraordinaria do 4.5.2022 en que os dous únicos comuneiros que constitúen a comunidade acordan aprobar a revisión de esbozo. Procedemento con número de expediente 2022_22.

O 18.10.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo, na cal se recolle que a superficie do monte de Sanguñedo pasa a ser de 49,90 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– O MVMC Xestaca e Grandavella, pertencente aos veciños da parroquia de San Tomé de Recaré, concello do Valadouro. Expediente 29/79.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de San Tomé de Recaré para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. O 18.2.2025 foi presentada emenda por parte da comunidade, tras o correspondente requirimento, en que acordan incluír dentro do perímetro do monte diversas parcelas que inicialmente solicitaban excluír sen presentar unha xustificación fidedigna de non pertencer á súa propiedade. Procedemento con número de expediente 2022_102.

O 20.2.2025 o Servizo de Montes elaborou unha proposta, en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Xestaca e Grandavella pasa a ser de 330,34 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– O MVMC Vacariza de Nogueira, do Candedo e Fervedoira, pertencente aos veciños da parroquia de Nogueira, concello de Chantada. Expediente 31/80.

O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Nogueira para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2022_134.

O 25.11.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo, en que se incorpora o cumprimento da Sentenza 2019/12 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada. De acordo coa cartografía da memoria técnica, a superficie do monte de Vacariza de Nogueira, do Candedo e Fervedoira pasa a ser de 425,44 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– O MVMC Queixadoiro, pertencente aos veciños do lugar de Queixadoiro, na parroquia de Triacastela, concello de Triacastela. Expediente 75/79.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Queixadoiro para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. O día 27.1.2025 a comunidade presenta una emenda da solicitude, tras o correspondente requirimento. Esta proposta emendada foi de novo corrixida de oficio por que se detectou un erro no esbozo de partida, debido a que a peza do monte que está situada ao norte do esbozo do MVMC Queixadoiro foi modificada tras o deslindamento por avinza co MVMC Pasantes (expediente 2022_189). En consecuencia, ademais de modificar o lindeiro entre ambos os montes, resultou indebidamente modificado o perímetro desta peza do monte, sen aplicar o procedemento axeitado como é o de revisión.

Así mesmo, foron detectados novos enclaves, polo que se lle concedeu trámite de audiencia á comunidade veciñal. O día 2.3.2025 a comunidade manifesta a súa conformidade con estas modificacións e presenta a proposta de esbozo gráfica definitiva. Procedemento con número de expediente 2022_171.

O 7.3.2025 o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo, en que se inclúe a corrección de erro. De acordo coa cartografía da memoria técnica, a superficie do monte de Queixadoiro pasa a ser de 321,93 hectáreas.

Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento co MVMC Biduedo baixo o expediente 2022_194.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– O MVMC Teixeira, pertencente aos veciños do lugar de Teixeira, parroquia de Vilapún, no concello de Cervantes. Expediente 30/82.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Teixeira para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Tras o correspondente requirimento, o 28.5.2024 a comunidade presenta unha nova solicitude mellorada, en que a nova proposta do esbozo do monte veciñal non afecta propiedades de titularidade allea á comunidade, non se xeran enclaves, nin se exclúen parcelas de titularidade da Comunidade de Teixeira. Procedemento con número de expediente 2022_262.

O día 3.6.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se define o novo esbozo seguindo a proposta da comunidade e incluíndo todas aquelas parcelas propostas para a súa inclusión total ou parcial, agás no que respecta aos terreos que figuran a nome doutra comunidade e aqueles cuxo titular catastral é o Concello de Cervantes, que quedan excluídas do novo esbozo.

De acordo coa cartografía da memoria técnica, a superficie do monte de Teixeira pasa a ser de 168,79 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– O MVMC Vacaloura e Fido, pertencente aos veciños da parroquia de Castro de Soengas, no concello de Portomarín. Expediente 39/76.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Castro de Soengas, para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Tras o correspondente requirimento, o 12.9.2024 foi presentada a mellora da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_266.

O 14.10.2024 o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Vacaloura e Fido pasa a ser de 257,07 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– O MVMC A Cervela, pertencente aos veciños da parroquia da Cervela, no concello do Incio. Expediente do 133/75.

O 23.6.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade da Cervela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2022_314.

O 17.1.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo, en que se recolle a definición do novo esbozo. É destacable que resulta incorporado á titularidade da CMVMC da Cervela un predio de titularidade allea a consecuencia de non estar actualizado o catastro por mor dunha avinza feita e aprobada polo Xurado Provincial de MVMC de Lugo en novembro de 2018 (expediente 52/78). De acordo coa cartografía resultante a superficie do monte da Cervela pasa a ser de 304,51 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– O MVMC Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia, pertencente aos veciños da parroquia do Veral, concello de Lugo. Expediente 48/80.

O 13.5.2024 tivo entrada unha solicitude da Comunidade do Veral para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2024_27.

O 3.12.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta do novo esbozo tendo en consideración que se atopa iniciado un expediente de deslindamento con catro propiedades lindeiras (expediente 2024_20DES). Concretamente, un dos predios que forma parte do expediente de deslindamento foi retirado do perímetro do monte, a expensas da aprobación definitiva do deslindamento. Finalmente, e considerado a proposta da comunidade, a superficie do monte de Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia pasa a ser de 148,04 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– O MVMC Savane, pertencente aos veciños de Savane, na parroquia de Quindous, concello de Cervantes. Expediente 5/81.

O 1.8.2024 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Savane para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2024_39.

O 11.12.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo. É destacable que se inclúe no esbozo a parcela catastral 137-6, que estaría afectada polo deslindamento coa Comunidade de Bustelo, e é previsible un cambio de titularidade cando quede formalizada a avinza. Adicionalmente, queda incorporada ao MVMC de Savane a totalidade da superficie da parcela 23-182, tras recibir un informe favorable do Concello de Cervantes para a súa incorporación. Non obstante, négase a exclusión do monte de varios predios sinalados na proposta presentada pola comunidade ante a falta de acreditación documental na emenda presentada o 11.10.2024, manténdose tales predios dentro do perímetro do monte de Savane. Tendo en conta esta proposta, a superficie do monte de Savane pasa a ser de 415,34 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

– O MVMC Orgoso, pertencente aos veciños das parroquias de Gundín e Pedraza, concello de Monterroso. Expediente 59/76.

O 13.8.2024 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Gundín e Pedraza para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. O 10.10.2024 foi presentada emenda por parte da comunidade, tras o correspondente requirimento, en que acordan incluír dentro do perímetro do monte catro parcelas que inicialmente solicitaban excluír na solicitude do 13.8.2024. Procedemento con número de expediente 2024_41.

O 4.12.2024 o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo. En síntese, exclúense numerosos predios e incorpóranse superficies ao novo esbozo, como a parcela 72-348, da que consta a renuncia da titularidade por parte dos herdeiros do seu actual titular catastral a expensas da súa incorporación ao MVMC de Orgoso. Con todo o anterior, a superficie do monte de Orgoso pasa a ser de 90,61 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

– O MVMC Lobios, pertencente aos veciños da parroquia de Lobios, concello de Sober. Expediente 122/79.

O 7.10.2024 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Lobios para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2022_44.

O 18.2.2025 o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Lobios pasa a ser de 45,05 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.

– O MVMC Navas, Coutado e Penedo, pertencente aos veciños de Pacios, Pedrafita e Teinande, na parroquia de Santa Comba, concello de Lugo. Expediente 21/81.

O 18.12.2024 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Pacios, Pedrafita e Teinande para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2024_58.

O 15.1.2025 o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Navas, Coutado e Penedo pasa a ser de 26,30 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XII, ao final deste anuncio.

– O MVMC O Covallo, pertencente aos veciños do Covallo, na parroquia do Real, concello de Samos. Expediente 100/76.

O 23.1.2025 tivo entrada unha solicitude da Comunidade do Covallo para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achega. Procedemento con número de expediente 2025_1RE.

O 21.2.2025 o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte do Covallo pasa a ser de 30,99 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XIII, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 26 de marzo de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

Anexo I

Plano do MVMC Sanguñedo

missing image file

Anexo II

Plano do MVMC Xestaca e Grandavella

missing image file

Anexo III

Plano do MVMC Vacariza de Nogueira, do Candedo e Fervedoira

missing image file

Anexo IV

Plano do MVMC Queixadoiro

missing image file

Anexo V

Plano do MVMC Teixeira

missing image file

Anexo VI

Plano do MVMC Vacaloura e Fido

missing image file

Anexo VII

Plano do MVMC A Cervela

missing image file

Anexo VIII

Plano do MVMC Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia

missing image file

Anexo IX

Plano do MVMC Savane

missing image file

Anexo X

Plano do MVMC Orgoso

missing image file

Anexo XI

Plano do MVMC Lobios

missing image file

Anexo XII

Plano do MVMC Navas, Coutado e Penedo

missing image file

Anexo XIII

Plano do MVMC O Covallo

missing image file